FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de novembro de 2025

VETERANOS SP. BÉRTOA 1 - VETERANOS MALPICA 4 (XORNADA 7)

Tempo moi decente para a práctica do fútbol. As nubes tapaban o sol e a temperatura era moi agradable.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Jorge; Markitos, Diego, Mutio, Álex; Lema e Richard. Tamén xogarían despois Casqueiro, Leo, Luis Naya, Manu, Marcos e Pedro de Xoane.
Goles:
1-0 (Min. 2): José Romero. 1-1 (Min. 10): Lema.
1-2 (Min. 75): Richard. 1-3 (Min. 80): Álex. 1-4 (Min. 82): Manu Abelenda.

domingo, 26 de outubro de 2025

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE A PIÑA 0 (XORNADA 6)

Tempo moi agradable e soleado o desta mañá en Pedra Queimada. Non se esperaba que fora tan bo despois da semana desapracible que tivemos.
Veteranos de Malpica: Suso; Eloy, Fenosa, Alberto, Jorge; Sergio, Diego, Mutio, Luis; Miki e Lema. Xogarían tamén despois Álex, Charli, Manu, Marcos, Pedro e Richard.
Goles:
1-0 (Min. 82): Richard. 2-0 (Min. 87): Richard. Ista vez tiñamos bastantes cambios mais e axudou moito.
Sorprendeu Dourado de inicio deixando na bancada a pesos pesados como Álex, Charli, Marcos, Richard, aparte de Manu e Pedro de Xoane que están saíndo dunha lesión. Partido moi difícil o que tivemos hoxe. Os da Piña son un equipo moi intenso e ninguén daba un balón por perdido. Eles con Xabier os mandos, que lanzaba balóns en largo cara a Jesús e Jano, que tentaban romper sempre o fora de xogo. Aí estiveron moi ben tanto Suso coma defensa, impecables. Mais tamén Torrila afinou bastante para marcar os fora de xogo, protestados sempre aínda que os dianteiros estivesen dous metros por detrás da defensa.
Na primeira metade houbo un par de oportunidades por equipo que non chegaron a bo fin.
Os da Piña quedaron preto do descanso cun home menos por segunda amarela de Sergio. Pero nin así, seguiron premendo as nosas defensas e obrigaron a correr moito. Parecía o partido abocado a que un só gol o decidira para calquera dos lados. Pero, cando case chegaba o final, un erro de Diego, que ata entón había sacado varias mans salvadoras, nun balón en largo noso onde tiña todo favorablemente para o despexe lonxe, deixoulle o balón manso a Richard, que seguía a xogada aparentemente sen ningunha posibilidade, para marcar a porta baldeira. E cinco minutos despois, o mesmo Richard, no único balón franco filtrado que conseguimos mandar en profundidade para a súa carreira, volveu a presentarse diante de Diego e definir o 2-0. Resultado, tal e como dixemos, bastante enganoso porque xogamos o peor partido do que levamos de temporada (salvo defendendo).
Arbitrou D. Oscar Rey Rodríguez (Torrila). Vale ben que un home que soubo xogar moi ben ó fútbol pite. Para nós, atinou marcando foras de xogo. Amosou moitas tarxetas (a nós, que só tiñamos unha en cinco partidos, levamos tres. Pero os nosos rivais levaron sete, entre elas unha dobre que supoñía expulsión). Demasiados cartóns para un partido que foi trabado pero non violento. Mais as agarradas e as mans tamén supoñen tarxetas. No resto de cousas, a arbitraxe foi moi seria e disciplinar.
Ningún comentario:

domingo, 19 de outubro de 2025

VETERANOS DE SOFÁN 0 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 5)

Xa mudou o tempo. Moita auga. Pero a temperatura era moi agradable.
Veteranos de Malpica: Suso; Eloy, Fenosa, Alberto, Jorge; Álex, Charli, Marcos, Mutio, Lema; Richard. Xogarían tamén despois Luis e Miki. Poucos efectivos pero hoxe xogaron todos moi ben e non se notou esa falla.
Goles:
0-1 (Min. 50): Jorge, de fermosa chilena. 0-2 (Min. 64): Luis, de cabeza.
Partido mais igualado durante a primeira metade, cunha ocasión clara por equipo. A deles foi mais destacada, cando viron a Suso adiantado e lanzaron a distancia por enriba. Podía ser gol, pero Suso meteu a punta dos dedos e conseguiu desviar o xusto para que o balón dera no traveseiro.
A segunda metade foi mais de dominio noso. As primeiras de cambio lesionouse no Sofán Roberto Souto e notouse moito. Tivemos, aparte dos goles, varias ocasións claras de Lema, Richard e Miki. Pero nesas luciuse Iván. Aparte, xogouse moito mais no campo do Sofán que no noso. Arbitrou D. Iván Guerra Domínguez. Rigoroso e metódico. Só amosou un cartón (merecido) a Fenosa e deixou no comezo do partido outro moi claro a Roberto Souto. Coma sempre, no cómputo xeral, moi ben.
Ningún comentario:

domingo, 12 de outubro de 2025

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE MAZARICOS 0 (XORNADA 4)

Un tempazo, como a anterior semana. É moito gusto xogar ó fútbol así.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Jorge; Diego; Álex, Charli, Markitos, Lema; Richard. Xogarían tamén despois Leo, Luis, Marcos, Miki e Sergio. Non o faría Carlos, que se presentou por si facía falla na portería, xa que había dúbidas cá presencia de Eloy. Moitos mais efectivos que o Mazaricos, que só tiña un cambio.
Goles:
1-0 (Min. 8): Richard.
O míster (Choiva, que tivo que poñerse a dirixir, en ausencia de Dourado), dispuxo un centro do campo con Diego por diante da defensa mais outros catro apoiando, e só Richard en punta.E o partido empezou moi ben para nós con gol tempraneiro de Richard, na asistencia de Lema. Mais, como pensábamos, o equipo rival (que sabe xogar ben ó fútbol) vendeu moi cara a súa pel. Cada balón era pelexado polos dous equipos.
Na segunda parte puidemos ampliar a vantaxe. A mellor ocasión foi nunha falta directa lanzada por Lema, que a estrelou no traveseiro. Non foi gol e deu lugar a que tivésemos mais que sufrir porque o Mazaricos avanzou e o marcador non era definitivo. Sufrimos o seu dominio, non eramos capaces de sacar o balón en condicións. Pero as súas escasas oportunidades foron neutralizadas por un Eloy que se mostrou moi seguro en todo o partido. Nos últimos quince minutos estabilizamos mais o xogo e non tivemos mais problemas. Arbitrou D. David Castro Varela. Perfecto, pasou desapercibido a maior parte do partido. Pitou moi acertadamente. E cando se trabucou (non dando unha vantaxe nun balón que sacaba o Mazaricos), non tivo reparos en pedir perdón ó equipo rival ó pitar falta no comenzo da xogada. Tamén axudou a actitude dos dous equipos, non se deu unha soa mala patada. Así da gusto.
Ningún comentario:
Publicacións máis antigas Inicio