FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de abril de 2024

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE MAZARICOS 2 (PENALTIS: 3-4) . VOLTA DA SEMIFINAL.

Tempo aceptable en Pedra Queimada. Non chegou a facer a calor intensa do partido da semana pasada, facía algo mais de fresco e bastante vento pero ben. Nos prolegómenos do partido gardouse un minuto de silencio polo gran xogador cormelán Álex Torrado, tristemente finado o pasado luns. DEP.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Diego, Choiva, Luis; Álex, Mutio, Richard, Sergio; Chols e Lema. Xogarían tamén Arcay, Chaves, Marco e Pedro. Alberto de Carballo repetiu de mister pola ausencia de Dourado.
Goles:
1-0 (min. 4): Chols. 1-1 (min. 24) : Sanchiño.
2-1 (min. 49) : Chols. 2-2 (min. 90+2) : Aldo.
Penaltis : 1-0 - Mutio. 1-1 - Luis Alvite. Lema, fora. 1-2 - Sanchiño; 2-2 - Richard. 2-3 - Nakata. 3-3 - Chols. 3-4 -Gustavo Freire. Marco, parou Paris.

domingo, 14 de abril de 2024

VETERANOS MAZARICOS 0 - VETERANOS MALPICA 0 (SEMIFINAL PROMOCIÓN ASCENSO - IDA)

Boísimo tempo na Pedra do Ouro (Pino do Val). Se cadra demasiada calor. Isto obrigou na segunda parte a que ambos equipos pactásemos unha parada técnica para refrescarnos. Eso sí, corría unha lixeira brisa. Mais no descanso o equipo correu a buscar a sombra nun curruncho do campo.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Diego, Choiva, Pedro; Leo, Mutio, Marco, Álex; Chols e Lema. Xogarían despois tamén Luis e Sergio. Resentiuse no quencemento Alberto de Carballo, que pasou a facer de mister ante a ausencia de Dourado.
Pánico non, pero moito respeto nos daba este partido. A ausencia de xogadores habituais (Arcay, Chaves, Richard,...) fixo que soamente tivésemos dous cambios (aminorados a un só por lesión de Leo). Mais Alberto de Carballo acertou ó facer cambios de seguido para dar algo de descanso a bastantes dos xogadores. Pero iso non nos facía olvidar a menor idade dos nosos rivais, o seu maior número de xogadores disponibles e a amplitude do campo con respecto ó que nos tocou no partido de liga. Ahí hai que resaltar o enorme compromiso de todo o equipo. Así da gusto velos xogar.
...........................................................................................................................
Na primeira mitade o peso do partido empezou sendo do Mazaricos. Tiveron dúas ocasións moi boas. Na primeira, Aldo chegou só diante de Suso i elevoulle o balón, que, con gran sorte pola nosa parte, foi a parar ó longueiro da portería e saiu fora; na segunda, o balón foi parar ó poste dereito da nosa portería. Pola nosa parte, equilibramos o dominio rival e Lema tentou facerse con moitos balóns pero non combinou acertadamente con Chols e a defensa rival alonxou o perigro.
Na segunda parte pudo pasar de todo. Primeiro Chols perseguiu un balón que o porteiro do Mazaricos saiu a tapar e conseguiu despexar in extremis. A mellor ocasión para eles foi sobre o min. 70, con unha triple ocasión que fixo lucirse a Suso, cando xa se cantaba o gol. Respostada inmediatamente con un tiro de Mutio a base do pau esquerdo, que fixo lucirse a Paris. De ahí ó final, xa conseguimos zafarnos do dominio local e pudemos estirarnos mais.
................................................................................................................................
Arbitrou D. Pablo Rama Cotelo. Impecable, non tivo problemas para levar este partido. Axudado pola exquisita actitude de ambos equipos (nin roces nin patadas) que deixaron xogar ó rival. Partido acabado sin amosar tarxetas.